V Congreso Internacional da auga

A auga como recurso sostible: Ciencia, empresa e benestar
do 25 ao 27 de setembro de 2024
Esta edición presenta un carácter multidisciplinar, abordando aspectos específicos relacionados coa auga, tales como o patrimonio hídrico, a súa xestión en empresas e turismo, aspectos de acuicultura e a xestión de empresas acuícolas, así como o turismo deportivo e termalismo, entre outras temáticas.
IV Congreso Internacional da auga

Dereito e auga no horizonte 2030
13 e 14 de outubro de 2022
Nesta edición abordáronse retos específicos da gobernanza da auga no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, desde unha perspectiva xurídica interdisciplinar e coa participación de especialistas de referencia.