VI Congreso Internacional do Campus Auga
Sistemas aeroespaciais para respostas multisectoriais ante desafíos ambientais
Ourense, 8 e 9 de outubro de 2026
O VI Congreso Internacional do Campus Auga: Sistemas aeroespaciais para respostas multisectoriais ante desafíos ambientais analizará o papel da Innovación Aérea na Xestión Agroambiental. Este congreso, reúne a investigadores, profesionais, empresas e administracións públicas para analizar a interrelación entre satélites, plataformas de gran altitude (HAPS), drons e as tecnoloxías de teledetección e o medio ambiente.
Ao longo das sesións, presentaranse os avances máis recentes nun amplo espectro de cuestións ambientais, desde monitorización de cultivos, optimización do uso da auga, prevención, xestión de incendios forestais, e modelos de predición ambiental, aos impactos do cambio climático ao longo de todas estas cuestións, destacando como a información aeroespacial permite unha toma de decisións máis eficiente, precisa e sostible. O programa integrará relatorios científicos, demostracións tecnolóxicas, mesas redondas e casos de éxito que mostran o potencial real destas ferramentas.
Este congreso exponse como un punto de encontro para promover a colaboración entre sectores e fomentar solucións innovadoras que contribúan á resiliencia ambiental.
