Eixos temáticos para a presentación de comunicacións

As propostas de comunicacións deberán versar sobre cuestións relativas aos ámbitos temáticos das diferentes mesas, cuxos descriptores poden consultarse a continuación:

  • Panel 1: Dereito á auga
  • Panel 2: Auga e sustentabilidade
  • Panel 3: Xestión da auga
  • Panel 1
  • Panel 2
  • Panel 3

Panel 1: Dereito á auga

Neste bloque agrúpanse estudos xurídicos, tanto desde a perspectiva do Dereito público como do Dereito privado, relacionados cos dereitos humanos á auga e ao saneamento.

  • Auga e dereitos humanos
  • O dereito á auga nos Tratados de Dereitos Humanos
  • Aplicación dos principios de dereitos humanos respecto dos dereitos humanos á auga e ao saneamento (non discriminación e igualdade, acceso á información e transparencia, participación e rendición de contas)
  • Relator Especial sobre os Dereitos Humanos á auga e ao saneamento
  • Obrigacións dos Estados
  • Acceso á auga e grupos vulnerables (nenas, mulleres, persoas con discapacidade, refuxiados, desprazados internos)
  • Acceso á xustiza por violacións do dereito humano á auga e saneamento
  • Dereito á auga e conflitos armados
  • Responsabilidade Social empresarial

Panel 2: Auga e sustentabilidade

Neste bloque agrúpanse estudos xurídicos, tanto desde a perspectiva do Dereito público como do Dereito privado, relacionados coa sustentabilidade e os recursos hídricos.

  • Historia xurídica da auga, recursos naturais e medio ambiente
  • A auga na Axenda 2030
  • A auga e a cooperación ao desenvolvemento
  • O nexo auga-enerxía-alimentación- ecosistemas
  • Auga e adaptación e mitigación do cambio climático
  • Auga e turismo
  • Prevención, control e reparación da contaminación dos recursos hídricos
  • Prevención e resolución de controversias sobre a auga
  • A política de augas da UE
  • Os tributos sobre a auga ante o cambio climático
  • Auga, responsabilidade ambiental e garantías financeiras

Panel 3: Xestión da auga

Neste bloque agrúpanse estudos xurídicos, tanto desde a perspectiva do Dereito público como do Dereito privado, sobre a xestión pública e o uso ou a explotación dos distintos tipos de recursos hídricos.

  • Xestión transfronteiriza da auga
  • Planificación e xestión dos recursos hídricos
  • Protección e usos do dominio público hidráulico
  • Réxime xurídico das augas mineromedicinais e termais
  • Xestión tributaria das augas continentais
  • Réxime xurídico do financiamento de infraestruturas hidráulicas
  • Aspectos xurídico mercantís da xestión e comercialización da auga
  • Regulación xurídica do transporte fluvial e a navegación por augas interiores
  • Regulación xurídica das indicacións xeográficas e signos distintivos en materia de auga
  • Réxime xurídico da publicidade no sector da auga
  • Auga, monopolio e competencia

 

Prazo e requisitos formais

Requisitos formais

As propostas de comunicación deberán remitirse antes das 0.00 horas do 2 de xullo de 2022 (1º prazo) e do 31 de agosto de 2022 (2º prazo) en formato Word, a través do formulario accesible na páxina web do Congreso. A súa recepción confirmarase mediante correo electrónico.

A proposta deberá conter o título da comunicación, nome do autor ou autora, condición profesional, institución ou organismo ao que pertence, mesa á que se adscribe e enderezo de correo electrónico a través do cal se establecerá o intercambio de información co comité organizador. Ademais dos devanditos datos, a proposta incluirá un resumo claro, sintético, estruturado e rigoroso do tema no que se detalle o seu obxectivo, a cuestión concreta a abordar e a achega persoal, a metodoloxía a empregar e un breve esquema do contido. Tamén se especificarán entre 3 e 5 palabras chave. A extensión da proposta non excederá de 3.000 caracteres, computando espazos. Concretarase, ademais, se se desexa ou non realizar a defensa oral da comunicación. A proposta acompañarase dun anexo cun CV abreviado.

Antes do 12 de xullo de 2022 (1º prazo) e do 9 de setembro de 2022 (2º prazo), cada un dos propoñentes recibirá un correo electrónico no que se lle comunicará se a súa proposta foi aceptada. En caso de aceptación da defensa oral, indicaráselle igualmente o tempo máximo do que dispoñerá para a súa exposición –non máis de 8 minutos-. As propostas que non sexan seleccionadas para a súa defensa oral poderán ser admitidas, con todo, como comunicacións escritas, se cumpren os requisitos para iso.

Contido material e avaliación

O Comité Científico valorará as propostas atendendo aos seguintes criterios:

  • Pertinencia do tema elixido.
  • Calidade da formulación, metodoloxía e esquema desenvolvido na proposta.
  • Orixinalidade da proposta.
  • Achega persoal do autor ao coñecemento e ao debate científico.

 

Publicación

O texto íntegro da comunicación será novamente obxecto de avaliación, atendendo aos mesmos criterios. As comunicacións seleccionadas serán publicadas, ben nunha editorial de prestixio, ou ben nunha publicación electrónica, se o autor así o desexa. Só incluiranse na publicación as comunicacións de quen se matriculou en prazo no Congreso.

O texto provisorio da comunicación deberá enviarse, antes do 13 de outubro, a través do formulario accesible na páxina web do Congreso. O texto definitivo, que deberá coincidir substancialmente co provisorio, remitirase nas dúas semanas seguintes á celebración do Congreso, antes do 28 de outubro. A decisión final sobre a súa aceptación para a publicación comunicarase antes do 18 de novembro.

Especificacións técnicas

Os traballos presentaranse en arquivo informático Word, con letra Times New Roman, tamaño 12 (notas ao pé 10) e interliñado 1,5. A extensión non poderá exceder de vinte páxinas, con notas incluídas. O traballo irá encabezado polo seu título centrado e en maiúsculas. Debaixo do título do traballo indicarase, tamén centrado, o nome do autor, a súa condición profesional ou académica e a Universidade ou Organización á que pertence. As divisións internas do traballo faranse exclusivamente con números arábigos. Non se consignará ningún sumario ao comezo do traballo. As normas de estilo das citas publicaranse na web, previo consenso coa editorial.

O incumprimento dos requisitos de forma implicará o rexeitamento automático da comunicación para a súa publicación.

Premio

Poderán optar a premio as comunicacións que fosen aceptadas, con independencia de se foron defendidas oralmente ou non. A súa valoración corresponderá aos comités científico e organizador.
 

Formulario de envío