Inscrición
Cotas de inscrición
Categoría | Ata o 30/06/2024 | Ata o 15/07/2024 | Ata o 15/09/2024 |
---|---|---|---|
Cota ordinaria | 100,00 € | 120,00 € | 130,00 € |
Cota reducida | 50,00 € | 60,00 € | 70,00 € |
Inscribiranse na cota ordinaria todos as persoas que asistan presencialmente ao congreso. Cando unha comunicación ten varios autores, todos os autores deben estar rexistrados para poder optar á recepción do diploma.
Os autores que asistan presencialmente deberán inscribirse obrigatoriamente na cota ordinaria, mentres que os autores que non asisten presencialmente aplícaselles a cota reducida.
Aplicaráselles tamén a cota reducida aos estudantes e aos recentemente egresados.
Aos acompañantes das persoas que presentan comunicación aplicaráselles a cota reducida.
Os prezos da inscrición inclúen a entrega de documentación, a asistencia ás sesións de apertura e clausura, as sesións científicas do Congreso, os cafés, a cea de benvida do día 26 de setembro con servizo de transfer (previa inscrición), a comida do 27 de setembro e a asistencia a Termatalia. Para asistir tanto á cea como á comida, é necesario notificalo no formulario de inscrición.
Formas de pago
Todos os pagos realizaranse por transferencia bancaria.
Entidade bancaria: BANCO DE SABADELL, S.A.
IBAN: ES75 0081 5290 7600 0219 8731
Concepto: [NOME] [APELIDOS] AUGA (Poñerase o nome do/da congresista, independentemente da persoa ou entidade que execute o pago)
Exemplo: María Pérez Fernández AUGA
Unicamente pagos por Transferencia bancaria con envío de xustificante de pago ao correo electrónico congresodaauga@uvigo.es