Envío e aceptación de propostas de póster

Co fin de colaborar na difusión da especialización do campus de Ourense como Campus da auga e de dar visibilidade, cunha perspectiva interdisciplinar, aos resultados de proxectos ou traballos de investigación sobre tópicos relativos á auga e aos recursos hídricos, poderanse elaborar e expoñer nas inmediacións da aula Magna posters, que inclúan contidos desenvolvidos por investigadores ou equipos de investigación, aínda que non se axusten aos eixos temáticos do Congreso e corresponda a ámbitos ou disciplinas non xurídicas.
As persoas responsables de proxectos de convocatorias internacionais, estatais, autonómicas ou provinciais, poderán solicitar ao Comité organizador a inclusión do seu proxecto no Congreso. Para iso, enviarán, do mesmo xeito que os investigadores que o desexen, antes do 31 de abril de 2024 a proposta do seu póster. O Comité organizador avaliará estas propostas e comunicará debidamente a súa aceptación antes do 20 de xuño de 2024.

Especificacións técnicas

Teña en conta a seguinte información para a preparación do seu poster:

  • Por favor prepare o seu poster adaptándoo ás dimensións a continuación citadas. As dimensións do póster non deben exceder os 90 cm anchos x 120 cm alto
  • Asigne o título e os autores do póster na parte superior, tal como enviouno no seu resumo
  • Os textos, ilustracións, #etc, deben estar suficientemente resaltadas, como para ser lidas a unha distancia de dous metros (seis pés)
  • Cinta adhesiva ou outro material técnico estarán dispoñibles para a montaxe dos posters. O persoal tamén estará dispoñible para axudarlle

Facilitaráselle o 20 de setembro, a través de mail, un número que indicará o lugar onde terá que colocar o póster.

  • Por favor consulte, o número de póster e pizarrón que lle foi asignado
  • Por favor utilice o mural/taboleiro co mesmo número

 

 

Formulario de envío